Boa participación cidadá no Ciclo de charlas sobre arqueoloxía organizado pola AEGA, este Domingo, en Parada de Sil (Ourense).

Tivemos oportunidade de cambiar impresións e compartir ideas e novas, ao longo de toda a xornada con outros profesionais, arqueólogos, de dentro e fora da asociación, con arquitectos, historiadores, artesáns, afeizoados, empresarios, veciños, etc.

Xente de aquí e dacolá, pois asistiron persoas doutras comunidades autónomas (Cataluña) e doutros paises (Gran Bretaña).

Despois dos relatorios da maná ofreceuse a tódolos asistentes, por cortesía do Concello de Parada de Sil, viño (Ribeira Sacra, como non podía ser doutro xeito) e pinchos (empanada de mexilóns, queixo da zona, etc.). Ademais, o Sr. Alcalde de Parada de Sil, Francisco Magide, agasallou aos asistentes cunha bica (repostería típica do concello) e numerosos folletos e outra documentación turística do concello e a comarca.

Este intercambio de ideas, ao que fixemos alusión mais arriba, tivo o seu momento culminante durante o xantar, que transcurriu dun xeito distendido e cordial. Menú: fabas con ameixas de primeiro; terneira estofada con arroz blanco de segundo; tarta de laranxa de sobremesa; café e licores. O viño da comida foi o mesmo Ribeira Sacra dos aperitivos (branco e tinto).

O paseo da tarde cara San Vitor de Barxacova foi, se dúbida, apaixoante. Maxistralmente amenizado e explicado polo seu escavador, Eduardo-Breogán.

Unha xornada inesquecible. Mágoa non rematar cunha foliada. Queda pendente para a próxima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario